Román Rodríguez reivindica o carácter internacional e contemporáneo da obra de Colmeiro a través dunha mostra no Museo do Gravado de Artes, en Ribeira

Román Rodríguez reivindica o carácter internacional e contemporáneo da obra de Colmeiro a través dunha mostra no Museo do Gravado de Artes, en Ribeira

21/04/2023

O conselleiro de Cultura participa na inauguración da exposición de gravados do artista silledense, que itinerará a Vigo e á Casa de Galicia en Nova York Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Ribeira (A Coruña), 21 de abril de 2023 Baixo o título Colmeiro. Punta seca, o Museo do Gravado de Artes, en Ribeira, acolle unha mostra con obras do artista silledense centrado na súa faceta de gravador, en cuxa inauguración esta tarde participou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Na súa intervención, o titular de Cultura da Xunta de Galicia reivindicou o carácter “internacional, cosmopolita e contemporáneo” de Manuel Colmeiro, un dos artistas galegos máis representativos de comezos do século XX. Román Rodríguez agradeceu ao Museo do Gravado de Artes a organización desta mostra que descubre “unha faceta menos coñecida da súa creación como son os gravados á punta seca”. Segundo sinalou o conselleiro, esta exposición “é un acto de xustiza” que complementa a visión pictórica de Galicia que o pintor plasmou na súa obra, a través da cal “foi quen de xuntar as correntes da visión cosmopolita coa nostalxia da terra e o rural galego, cun especial protagonismo para a figura da muller”. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando