A Xunta abre o prazo para optar a catro bolsas de formación en asuntos relacionados coa Unión Europea
08/05/2023O programa formativo permite realizar prácticas na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas A medida vai dirixida a persoas tituladas universitarias ou con titulación técnica superior de Formación Profesional Normal 0 21 false false false ES X–NONE SI–LK Santiago de Compostela, 7 de maio de 2023 O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a convocatoria da Fundación Galicia Europa (FGE) de catro bolsas destinadas a persoas tituladas universitarias ou con titulación técnica superior de Formación Profesional para formarse en asuntos relacionados coa Unión Europea e facilitar o acceso ao mercado laboral. O orzamento da medida supera os 64.000 euros que cobren as retribucións, a Seguridade Social, os gastos de desprazamento e un seguro de cobertura sanitaria.Trátase dun programa que a FGE leva a cabo cada ano para potenciar o coñecemento sobre asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega. O programa formativo permitiralles a catro persoas realizar prácticas na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas a partir de setembro e durante 11 meses.Tres das bolsas están dirixidas a persoas cun título universitario. Destas, dúas son para a formación xeral en asuntos comunitarios e outra para a formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos. Neste último caso a titulación requirida é de Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.A cuarta bolsa destínase a persoas con titulación técnica superior de Formación Profesional na familia de Administración e Xestión, para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo. As persoas interesadas en optar ás bolsas teñen de prazo ata o 5 de xuño. A solicitude debe presentarse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal).O proceso de selección divídese en dúas fases. A primeira delas consiste nunha valoración de méritos que terá en conta o expediente académico, as titulacións, os cursos, os idiomas e o coñecemento da lingua galega, entre outros aspectos. As primeiras persoas clasificadas pasarán á seguinte fase, consistente nunha entrevista persoal. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
