A Xunta licita o novo edificio xudicial da Estrada

A Xunta licita o novo edificio xudicial da Estrada

15/05/2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse co alcalde José López para abordar o avance deste proxecto que permitirá unificar nun so inmoble os dous xulgados da localidade O importe da licitación publicada hoxe na Plataforma de contratos públicos de Galicia ascende a case 2,8M? A Xunta publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación hoxe do novo edificio xudicial da Estrada por un importe de case 2,8M?. O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse co alcalde do concello estradense, José López, para abordar o avance neste proxecto que permitirá unificar nun so inmoble os dous xulgados da localidade. As empresas interesadas en optar a este contrato dispoñen de 26 días naturais, ata o 10 de xuño. A previsión é comezar en setembro as obras cun prazo de execución estimado de 11 meses. O orzamento establecido distribúese en dúas anualidades, con preto de 1.192.795 euros para 2023 e de 1.577.190 euros para 2024.Segundo sinalou Diego Calvo na xuntanza, o novo edificio terá unha superficie útil de 1.445 metros cadrados para albergar os dous órganos xudiciais existentes actualmente en sedes diferentes na Avenida Benito Vigo –os xulgados de Primeira Instancia e Instrución nº1 e nº2– na parcela A Baiuca na Avenida da Torre cedida polo concello. Tamén contará con dúas salas de vistas, así como espazos para outros servizos xudiciais e organismos como decanato, sala de videoconferencias e de informática, sala de atención ás vítimas, rexistro civil, despacho e sala de espera para o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), despacho para a Fiscalía e unha área para os profesionais da avogacía e procuradores. A estas dependencias súmanse dous arquivos, espazos independentes para a toma de declaracións en cada un dos xulgados, sala Gesell e sala de lactación, entre outras. No novo edificio traballarán 18 profesionais: 2 xuíces, 2 letrados da Administración de Xustiza, 12 funcionarios e 2 axentes de seguridade.O vicepresidente segundo lembrou que a redacción do proxecto básico e de execución dos traballos fora adxudicada en abril de 2021 ao arquitecto Víctor Manuel López Puga e que foi recentemente revisado e axustado ás especificidades da futura Lei de Eficiencia Organizativa. “Garántase así un maior aproveitamento e funcionalidade do inmoble, unha máxima eficiencia e sustentabilidade nas instalacións e mellor accesibilidade para a cidadanía”, apuntou. Ademais ambos os xulgados estarán no mesmo andar, dándolle cumprimento ao Plan de Xustiza 2030. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando