A Xunta seguirá a colaborar co mantemento da casa de acollida a vítimas da violencia de xénero de Ourense
18/05/2023Por quinto ano, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinará 252.000 para o mantemento deste recurso que xestiona a Fundación Amaranta A de Ourense é unha das sete casas de acollida para mulleres e menores afectados por esta lacra, as outras seis están na Coruña, Vigo, Ferrol, Lugo, Burela e Chantada A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade seguirá a colaborar coa Fundación Amaranta no mantemento da casa de acollida de Ourense, no que residen mulleres e menores afectados por violencia de xénero. O centro de Ourense é un dos sete recursos –casas de acollida, vivendas tuteladas e un centro de emerxencia– que forman parte da Rede Galega de Acollemento que ofrece máis de 80 prazas temporais de acollida ás mulleres e ás súas fillas e fillos, situadas na Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Lugo, Burela e Chantada. Co convenio autorizado xa polo Consello da Xunta, e dotado con 252.000 euros con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, garántese o mantemento da casa de acollida, a única en Ourense, para mulleres que sofren violencia de xénero e ás súas fillas e fillos, garantíndolles un espazo de protección e de recuperación. A Fundación de Solidariedade Amaranta, como titular deste centro de acollida, xestiona a vivenda desde o pasado ano 2019. O recinto ofrece apoio residencial e temporal e atende e contribúe á recuperación das mulleres vítimas de violencia de xénero e menores ao seu cargo. Para acadalo, ponse ao seu dispor un espazo de protección coa garantía dun tratamento integral que presta atención a aspectos de carácter psicolóxico, educativo, sociolaborais e xurídicos, co obxectivo de favorecer a normalización da situación persoal, da unidade familiar e, en definitiva, a superación dos efectos da violencia.O Goberno galego quere seguir apoiando ás vítimas da violencia de xénero co mantemento do centro de acollida. A través deste convenio téntase mellorar na resposta que, desde as institucións, se proporciona ás mulleres vítimas. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
