A Xunta avanza no desenvolvemento do proxecto GIFT de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde

A Xunta avanza no desenvolvemento do proxecto GIFT de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde

26/06/2023

No proxecto, impulsado no marco do programa Interreg Europe–FEDER, ademais do Goberno galego, participan outras 9 entidades de países e rexións da Unión Europea A Xunta avanza no desenvolvemento do proxecto GIFT –Green Infrastructure for Forest and Trees– de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde, concibida como unha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna.Deste xeito, o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, participou hoxe nunha reunión de coordinación na que estiveron representados departamentos da Administración autonómica, asociacións ambientais e representantes do sector forestal, das reservas da biosfera –Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; Ribeira Sacra e Serra do Oribio e Courel, e Río Eo, Oscos e Terras de Burón– e da Universidade de Santiago de Compostela.O obxectivo deste encontro foi o de especificar os obxectivos específicos desta iniciativa, que ten como finalidade o deseño dunha metodoloxía común a todos os socios para, entre outras cuestións, incorporar a infraestrutura verde na ordenación do territorio como mellora estratéxica noutros instrumentos das políticas sectoriais.A maiores, tamén se analizou o obxectivo de revitalizar árbores e bosques, elementos que definen especialmente a Galicia, como ferramenta natural para a mitigación e á adaptación ao cambio climático e para a conservación dos ecosistemas.No proxecto, impulsado no marco do programa Interreg Europe–FEDER, ademais da Xunta, participan outras 9 entidades de países e rexións da Unión Europea, concretamente: o goberno rexional de Västra Götaland (Suecia), a Axencia Territorial de Flandes (Bélxica), os gobernos provinciais de Fryslân (Países Baixos) e Rimini (Italia), a Axencia Rexional de Leipzig (Alemaña), o Instituto Forestal Esloveno, o Centro de Apoio Empresarial de Kranj (ambos de Eslovenia), a Universidade de Letonia e a cidade de Zagreb (Croacia).Cómpre subliñar que este programa de cooperación interrexional fomenta a política de cohesión, facilitando así o intercambio de experiencias e coñecementos de éxito, a transferencia de boas prácticas e a aprendizaxe entre os socios.Deste xeito, o carácter innovador do GIFT, que se prevé desenvolver ao longo dos vindeiros catro anos, reside no seu enfoque integrado coas políticas sectoriais co que se pretende abordar a infraestrutura verde fronte ao cambio climático, a súa conectividade e as medidas de recuperación da biodiversidade. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando