Fabiola García sinala que a Xunta ampliou a vixencia dos certificados de familia monoparental ata os dous anos

Fabiola García sinala que a Xunta ampliou a vixencia dos certificados de familia monoparental ata os dous anos

05/07/2023

A Xunta ten impulsado nos últimos anos medidas para achegar máis beneficios a este tipo de familias que teñen o recoñecemento de familias de especial consideración Estase a elaborar un decreto coa colaboración das entidades deste ámbito para darlle seguridade xurídica e establecer un proceso único para o acceso a posibles beneficios A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou que a Xunta ampliou este ano a vixencia do certificado de familia monoparental ata os dous anos para darlle máis facilidades a este tipo de familias. Así o manifestou esta tarde no Pleno do Parlamento de Galicia onde respondeu a unha pregunta oral sobre esta materia. A conselleira apuntou que o Goberno galego traballa para impulsar máis medidas de apoio e protección a estas familias que en Galicia están recoñecidas como familias de especial consideración desde o ano 2011. Neste sentido, lembrou que coa Lei de Impulso Demográfico, do ano 2021, ampliouse o seu concepto a aquelas nais ou pais con custodia exclusiva, reciban ou non unha compensación económica para o sustento dos seus fillos. Fabiola García destacou que esta medida permitiu quintuplicar o número de certificados emitidos ata os 2.800 e achegar así beneficios a máis familias. Así mesmo, a conselleira fixo fincapé en que a Xunta está a traballar da man das organizacións deste ámbito nun decreto que lle dea seguridade xurídica a estas familias e fixe un proceso único para o acceso a posibles beneficios. Por outro lado, lembrou que a elaboración deste decreto viuse paralizada polo anuncio do Goberno central dunha nova Lei de familias de carácter estatal que afectaría tamén ás familias monoparentais. “Por prudencia decidimos agardar a ver que acontecía con esta normativa estatal antes de proseguir co decreto autonómico”, afirmou a conselleira. Esta normativa nacional está nestes momentos paralizada pola convocatoria de eleccións. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando