A Xunta amplía a través da EGAP a súa oferta formativa nas materias propias de economía pública
16/07/2023Esta iniciativa ten como finalidade achegar unha formación especializada ao persoal das administracións galegas co obxectivo de mellorar os servizos que se ofrecen á cidadanía Escola Galega de Administración Pública incrementou o número de actividades nesta materia, cun total de 18 cursos e 1312 prazas convocadas durante o primeiro semestre do ano A Xunta amplía a través da Escola Galega de Administración Pública a súa oferta formativa nas materias propias de Economía Pública. Así, durante o primeiro semestre do ano 2023, no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia, achegou unha formación especializada ao persoal das administracións galegas co obxectivo de mellorar os servizos que se ofrecen á cidadanía. A EGAP incrementou as actividades en materia de economía pública convocadas pola Escola respecto do ano anterior, as cales no primeiro semestre de 2023 sumaron un total de 18 cursos e 1312 prazas. Entre as características do programa do Instituto destaca a creación dun plan específico de formación transversal dirixido a todo o persoal empregado público das administracións galegas, o cal se complementou coa convocatoria de cursos máis específicos dirixidos ao persoal que ocupe postos de traballo especializados. Por unha banda, a formación transversal incluíu unha oferta xeral deseñada para facerlle fronte aos principais retos que se lles presentan ás administracións públicas en materia económica e orzamentaria a través de actividades formativas específicas sobre fiscalidade, financiamento público, fondos europeos, políticas públicas e dereito da competencia. Por outra banda, a EGAP tamén convocou ao abeiro do Instituto de Economía Pública formación máis especializada, como un curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia, tres cursos monográficos, un taller sobre avaliacións de políticas públicas, unha xornada sobre o control externo das administracións locais e unha conferencia sobre as implicacións da dixitalización no sector público e no sector privado.Finalmente, cómpre resaltar que este programa formativo combina as modalidades formativas presenciais e en liña co propósito de facilitar o acceso ás actividades. Normal 0 21 false false false GL /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Táboa normal»; mso–style–parent:»»; font–size:10.0pt;»Calibri»,sans–serif;} Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
