Unha gala de exhibición mostra a formación dos participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración en Ferrol
16/07/2023No evento participaron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, así como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros Medio centenar de galegos do exterior formáronse durante as pasadas semanas no Centro Superior de Hostelería de Galicia para levar as súas entidades de América e Europa os son, os bailes e a restauración galega O programa tivo como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e cociña galega Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Tabla normal»; mso–style–parent:»»; font–size:12.0pt;»Calibri»,sans–serif;} Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2023 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Marina Aneiros, presidiron a gala coa que se puxo onte o peche de ouro ao programa Escolas Abertas da Xunta de Galicia que tivo coma obxectivo que medio centenar de galegos do exterior, membros das entidades galegas de dez países de Europa e América, se formaran no Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela, ao longo destas pasadas semanas. Centos de persoas puideron desfrutar cos bailes, cantos, desfiles e músicas preparadas por estes profesores de centros galegos do exterior e que demostran que a cultura galega promóvese en todo o mundo e transmítese de xeración en xeración. Deste xeito, os participantes no programa Escolas Abertas actuaron na praza do Marques de Amboage. Ofrecendo diversas interpretacións musicais e de danza, así coma tamén un desfile cos traxes tradicionais que confeccionaron estes días. A gala rematou co espectáculo de gaitas e luz Mitic.Este programa, que leva desenvolvéndose varias décadas, está dirixido ás entidades galegas do exterior, e permite dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos e de cociña galega.O secretario xeral da Emigración agradeceu a labor dos formadores destes alumnos e instou aos participantes a seguir a traballar por Galicia dende o exterior “e a facer crecer a nosa cultura por todo o mundo”.Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América. Durante unha semana, os participantes recibirán tamén a visita de recoñecidos músicos e de cociñeiros de prestixio galegos. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
