A Xunta concedeu preto de 5.000 autorizacións para visitar o illote Areoso desde a implantación do sistema de control de acceso

A Xunta concedeu preto de 5.000 autorizacións para visitar o illote Areoso desde a implantación do sistema de control de acceso

12/08/2023

A quenda máis solicitada é que vai das 13,00 h ata as 17,00 h con 1.825 peticións No que atinxe aos modos de acceso, das 1.327 solicitudes recibidas a maior parte corresponderon a embarcacións sen motor, con 921 peticións Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2023A Xunta de Galicia leva concedidas preto de 5.000 autorizacións para visitar o arquipélago dos Guidoiros ?do que forma parte o illote do Areoso? e a illa da Rúa, na Illa de Arousa, desde a implantación do sistema de control de acceso o pasado mes de xullo.Cómpre lembrar que a orde reguladora de usos públicos e actividades permitidas neste espazo natural limita a 150 os visitantes diarios permitidos no illote arousán a través de tres quendas de visitas ?do amencer ás 13,00 horas; das 13,00 horas ata as 17,00 horas; e das 17,00 horas ata o solpor?.Desas 3 quendas, a máis solicitada é a segunda, con 1.825 solicitudes recibidas, seguida da última (1.672). Para a primeira quenda da xornada recibíronse 1.425 peticións. Deste xeito, a ocupación media supera o 90% a partir das 13,00 h e roza o 80% nas primeiras horas da xornada.No que atinxe aos modos de acceso ao Areoso, das 1.327 solicitudes recibidas a maior parte corresponderon a embarcacións sen motor (921). Para atraques con motor rexistráronse 261 peticións, e para acceso con fondeo, 145.As persoas interesadas en visitar o devandito espazo protexido poden facer a súa reserva a través da ligazón https://areoso.xunta.gal.O obxectivo do Goberno galego coa regulación de usos e actividades permitidas no conxunto que conforman o Areoso e outra serie de illas próximas é garantir o equilibrio entre a protección dos seus valores e recursos naturais e o aproveitamento público deste espazo, que nos últimos anos viña rexistrando unha afluencia de visitantes crecente. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando