O proxecto europeo Navegando o futuro impulsado pola Xunta retoma a súa actividade con dúas formacións para promover a adopción de tecnoloxías avanzadas no tecido empresarial naval
30/08/2023Os eventos celebraranse os días 13 e 14 de setembro no Centro de Apoio Tecnológico á Indústria Metalomecânica en Oporto e no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, respectivamente Durante este mes tamén se levarán a cabo catro sesións de ‘aprender facendo’ dirixidas a estudantes co obxectivo de espertar novas vocacións tecnolóxicas cara o sector naval A iniciativa, financiada por fondos Feder no marco do programa POCTEP 2014–2020, busca consolidar a transición tecnolóxica do naval na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, e conta coa colaboración de Aclunaga e Catim Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Táboa normal»; mso–style–parent:»»; font–size:10.0pt;»Times New Roman»,serif;} Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023 O proxecto europeo Navegando o Futuro, posto en marcha en xuño pola Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, en colaboración coa Asociación Clúster Naval Galego (Aclunaga) e o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (Catim), retoma a súa actividade este mes de setembro coa celebración de dúas formacións intensivas (bootcamps) orientadas a promover a adopción de tecnoloxías complexas no tecido empresarial naval da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.Os eventos, dirixidos a responsables de compras de empresas do sector, terán lugar o mércores 13 de setembro no Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica en Oporto e o xoves 14 no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, respectivamente. Con carácter previo a estas xornadas, levaranse a cabo dúas sesións formativas en liña os días 6 e 7 de setembro co obxectivo de familiarizar aos participantes cos conceptos que se poñerán en práctica posteriormente. Estas accións pretenden facilitar a toma de decisións para a adquisición de tecnoloxías avanzadas acordes ás necesidades das pemes, que permitan mellorar os seus procesos e contribúan a transformar a industria naval. As persoas interesadas poden inscribirse para o evento do CIS en aclunaga@aclunaga.ese para o do Catim na seguinte ligazón: https://www.projetoscatim.com/events/acao–de–formacao–online–e–bootcamp/formNavegando o Futuro contempla tamén o desenvolvemento de catro xornadas learning by doing (aprender facendo), que terán lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño durante o mes de setembro para espertar novas vocacións tecnolóxicas no sector naval e garantir o relevo xeracional. Nestas sesións formativas estudantes universitarios e de ciclos superiores de formación profesional coñecerán de preto os demostradores de realidade virtual e aumentada, control dimensional sen contacto e fábrica virtual desenvolvidos no proxecto Manufactur 4.0, achegándose dunha forma práctica ás tecnoloxías 4.0 que marcarán o futuro do naval. Con estas actividades, Navegando o Futuro, financiado con fondos Feder no marco do programa POCTEC 2014–2020, busca consolidar a transición tecnolóxica e promover a innovación no sector naval da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
