Fabiola García destaca que a Xunta impulsa o talento e a creatividade duns 350 participantes no programa Xuventude Crea 2023

Fabiola García destaca que a Xunta impulsa o talento e a creatividade duns 350 participantes no programa Xuventude Crea 2023

22/10/2023

Destaca que esta iniciativa é un trampolín para que os mozos creadores amosen as súas propostas e tamén un escaparate para darse a coñecer entre o público A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, subliñou hoxe o importante apoio que dá o Executivo autonómico ao talento e creatividade da mocidade galega. Díxoo na fase final de Arte Urbana do programa Xuventude Crea 2023, a primeira que se celebra desta edición e que contou entre o xurado coa referente internacional no graffiti: Lady Pink.Fabiola García sinalou que o Xuventude Crea é un certame totalmente consolidado, xa que son 14 edicións estimulando e apoiando a imaxinación da xente moza de Galicia. Este ano danse cita neste programa preto de 350 participantes nas súas diferentes categorías: arte urbana, teatro, música, fotografía, artes plásticas, cociña, videocreación, banda deseñada, novela curta, poesía, danza moderna, deseño de xoias, moda e creación de videoxogos.A conselleira destacou que este programa, polo que teñen pasado máis de 4.300 mozos desde a súa primeira edición, quere ser un trampolín para que os novos creadores amosen as súas propostas e tamén un escaparate para darse a coñecer entre o público. Á fase final de Arte Urbana celebrada esta mañá concorreron oito mozas e mozos. O primeiro premio foi para Miguel A. Cajaraville “Honey”, de Baiona, coa obra titulada O mundo é teu. En segundo lugar quedou Pedro Gonzalo “Base”, natural de Vigo, coa creación Geometric Space; e o terceiro posto recaeu en Jorge Riveiro “Rive”, tamén de Vigo, por O futuro é noso. A mención de honra foi para outro vigués, Abraham Alonso, por Kintsugi y a galope. A dotación económica de cada premio é de 3.000 euros para o primeiro clasificado, 1.500 euros para o segundo e 1.000 euros para o terceiro. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando