A Ribeira Sacra reúne unha trintena de expertos de todo o mundo nun congreso internacional

A Ribeira Sacra reúne unha trintena de expertos de todo o mundo nun congreso internacional

06/11/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades inaugurará mañá esta cita que se celebrará ata o mércores no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil O encontro poderá seguirse tamén de xeito telemático e incluirá presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras actividades O obxectivo da iniciativa é revitalizar a candidatura a Patrimonio da Humanidade deste territorio das provincias de Lugo e Ourense A Xunta de Galicia mantén un firme compromiso con esta comarca na que leva investidos 7,2M? na conservación e posta en valor de 44 bens A Ribeira Sacra acollerá a vindeira semana o encontro Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro, unha cita internacional que reunirá no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil unha trintena de expertos de todo o mundo co fin de impulsar o recoñecemento do valor e a importancia deste territorio das provincias de Lugo e Ourense. A cita será inaugurada mañá polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nun acto institucional no que tamén participará a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, así como o director da División de Ciencias da Auga e secretario do Programa Hidrolóxico Intergubernamental da UNESCO, Abou Amani, e a secretaria xeral da Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial, María del Pozo. Este encontro, que se prolongará ata o mércores, inclúe un amplo programa de actividades con presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras iniciativas, nas que participarán representantes de organismos como a Unesco, Icomos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, así como das universidades e outras institucións. Ademais, a cita está aberta ao público e poderá seguirse tanto de xeito presencial como telemático a través da plataforma Zoom. O obxectivo deste congreso, que reúne no corazón da Ribeira Sacra a expertos de todo o mundo, é revitalizar a candidatura a Patrimonio da Humanidade deste territorio e abordar de xeito conxunto os desafíos relativos á preservación, a investigación, a protección e promoción do patrimonio a través da posta en marcha de novas vías de diálogo entre profesionais de diferentes ámbitos. Ademais, a súa preparación encádrase no firme compromiso da Xunta de Galicia con esta comarca e a súa postulación para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. De feito, desde o ano 2017, cando comezaron os primeiros traballos da candidatura, o Goberno galego leva investidos 7,2 M? para recuperar, mellorar, estudar, rehabilitar e garantir a conservación e posta en valor de 44 bens patrimoniais das provincias de Lugo e Ourense.O encontro conta cun nutrido programa que se inicia co relatorio, mañá ás 9,30 horas, de Mónica Luengo, directora do encontro, e coa conferencia inaugural a cargo de António Abreu, director da División de Ciencias Ecolóxicas e da Terra da UNESCO. A axenda da primeira xornada inclúe tamén as conferencias de Henk P. J. van Schaik, vicepresidente honorario do Comité Científico Internacional ICOMOS Auga e Patrimonio; Rafael Mata, catedrático de Análise Rexional na Universidade Autónoma de Madrid; Jurn Buisman, secretario xeral de ICOMOS, e Diederik Six, embaixador especial da Auga e o Patrimonio. O programa de mañá complétase coas mesas redondas A auga, elemento xerador de paisaxes e Paisaxes da auga, un patrimonio vivo e a actuación musical a cargo de Camerata Arven. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando