As probas da OPE do Sergas para o acceso á categoría de Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) acadan o 87,8 % de participación

As probas da OPE do Sergas para o acceso á categoría de Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) acadan o 87,8 % de participación

06/11/2023

Na xornada de hoxe, presentáronse máis de 8.300 persoas que concorren ás 789 prazas ofertadas Unha aspirante embarazada e outra co parto recente realizaron os seus exames no HULAO Servizo Galego de Saúde desenvolveu este domingo no Recinto Feiral de Silleda as probas de acceso á categoría de persoal técnico en coidados auxilares (TCAE) cunha participación do 87,79 %. En total, de 9.526 persoas admitidas ao proceso selectivo, asistiron 8.363.Dentro da oferta de emprego público que o Sergas está a desenvolver en máis de 50 categorías profesionais ata o mes de marzo de 2024 e con máis de 5000 prazas, ofértanse 789 prazas de TCAE por concurso–oposición. Estas prazas engádense ás 277 convocadas por concurso de méritos, sumando 1.066 prazas para estabilización de emprego. Dentro das adaptacións necesarias para a fase de oposición, este domingo en Silleda 17 mulleres puideron interromper as súas probas para acudir á sala de lactación habilitada para alimentar os seus bebés, tres persoas con discapacidade auditiva contaron con intérprete de lingua de signos para seguir as instrucións que se transmitían por megafonía e unha aspirante con parto recente e outra embarazada examináronse no HULA.O desenvolvemento do proceso selectivo con éxito foi posible grazas á colaboración de 400 persoas entre persoal colaborador, limpeza, seguridade, servizos médicos, Garda Civil, Policía Autonómica e Protección Civil.Con este proceso, máis de 3.000 prazas foron obxecto de proceso de estabilización este ano 2023– Así, executouse máis do 50 % das prazas convocadas. Os seguintes exames están previstos para os meses de febreiro e marzo do ano 2024. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando