A Xunta destaca a importancia do desenvolvemento da Economía Azul no futuro e sostenibilidade do sector marítimo pesqueiro

A Xunta destaca a importancia do desenvolvemento da Economía Azul no futuro e sostenibilidade do sector marítimo pesqueiro

09/11/2023

Antonio Basanta puxo en valor o traballo realizado ata o momento polo Goberno galego na elaboración da Axenda da Economía Azul Sustentable de Galicia O evento ten como obxectivo a creación dun espazo de colaboración e innovación entre os diferentes actores do ecosistema da economía azul de Galicia O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, destacou a importancia do desenvolvemento da economía azul no futuro da actividade da cadea mar industria polo que puxo en valor o traballo que se ven realizando desde a Xunta de Galicia na elaboración da Axenda da Economía Azul Sustentable de Galicia. O director xeral fixo estas manifestacións na inauguración da Xornada Internacional de Economía Azul organizada pola fundación Europea para a Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Intec) en Vigo.O representante autonómico salientou o papel destacado que xoga Galicia no ámbito dos investimentos no eido como a pesca, a acuicultura ou o marítimo portuario e na creación dunha gran cantidade de proxectos de investigación postos en marcha para fomentar a cooperación co sector. Nesta liña, e en relación ao Blue Growth, sinalou as iniciativas relacionadas coa biotecnoloxía mariña e a conservación do medio ambiente mariño levadas a cabo polo Centro Tecnolóxico do Mar– Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar.Esta cita ten entre outros obxectivos a creación dun espazo de colaboración, innovación e desenvolvemento empresarial entre os diferentes actores do ecosistema da economía azul galega así como identificar oportunidades de negocio e abordar os desafíos e solucións aos que se enfronta actualmente. Entre os participantes destacan empresas e organizacións referentes da cadea mar como Conxemar, Anfaco, Nueva Pescanova, Iberconsa ou Mascato aos que se sumaron as tres universidades galegas e o Cetmar. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na masterclass Perspectivas da economía mundial e impacto do sector alimentario impartida polo director xeral de Consulta Aberta, e ex–conselleiro do Fondo Monetario Internacional, Mario Weitz na que se abordaron os principais desafíos aos que se enfronta o sector. O evento, organizado polo Cluster alimentario de Galicia (Clusaga) e a Universidade Intercontinental de la Empresa (UIE), está enmarcado no novo programa de Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias posto en marcha por ambas entidades. Na conferencia abordouse a situación global da economía mundial e española, deténdose especialmente no sector alimentario, e a influencia da guerra de Ucraína, a suba dos tipos de interese, a inflación ou a recesión global. Ademais, sinaláronse as claves no desenvolvemento futuro vencelladas á revolución tecnolóxica como son a robótica ou a intelixencia artificial. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando