A Xunta colabora co concello dos Blancos para mellorar as instalacións de depuración municipais

A Xunta colabora co concello dos Blancos para mellorar as instalacións de depuración municipais

18/11/2023

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará integramente as actuacións recollidas no acordo, cun investimento que ascende a case 48.000 ? O Concello dos Blancos executará as obras previstas, que consisten en acondicionar as instalacións de depuración nos lugares de Fonte Arcada e Vilar O obxectivo é mellorar a calidade das augas residuais e as condicións ambientais da zona A Xunta segue prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan exercer de forma eficiente e responsable as súas competencias de saneamento e abastecemento Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Tabla normal»; mso–style–parent:»»; font–size:12.0pt;»Calibri»,sans–serif;} Ourense, 18 de novembro de 2023 A Xunta colabora co Concello dos Blancos para mellorar as instalacións de depuración municipal. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe co alcalde, José Manuel Castro, o convenio de colaboración para materializar estas actuacións. No acto tamén participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.O obxecto do convenio asinado é establecer as condicións para a colaboración entre ambas as administracións que permitan ao Concello dos Blancos acometer a mellora do sistema de depuración en distintos puntos e incorporar, posteriormente, ao patrimonio público municipal as citadas instalacións. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará integramente os traballos previstos no convenio, cun investimento que ascende aos 47.822,47 ?.Segundo fixa o acordo, corresponderalle ao Concello dos Blancos a execución das obras previstas para optimizar os sistemas de depuración de Fonte Arcada e de Vilar co fin de mellorar a calidade das augas residuais e as condicións ambientais da zona.Concretamente, para a mellora do sistema de depuración en Fonte Arcada procederase á desmontaxe e demolición do actual decantador–dixestor e filtro biolóxico, ademais do sistema de depuración compacto existente. Executarase un novo sistema de depuración aproximadamente a 50 metros do leito do regato de Fonte Arcada que consistirá nunha fosa–filtro compacta cun volume total de 18.000 litros, 2 metros de diámetro e 6,23 metros de lonxitude. Estas instalacións prestarán servizo a unha poboación equivalente de 59 habitantes. No núcleo de Vilar, igualmente, demolerase o sistema actual de depuración consistente nun decantador–dixestor e un filtro biolóxico, así como a obra civil de formigón. O novo sistema afastarase da zona de servidume do regacho Penadrade, construíndose aproximadamente a 15 metros do leito. Consistirá tamén nunha fosa–filtro compacta de poliéster reforzado con fibra de vidro cun volume total de 22.500 litros, 2,50 metros de diámetro e 5,12 metros de lonxitude. A instalación servirá a unha poboación de 71 habitantes equivalentes. A Xunta de Galicia segue prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan exercer de forma eficiente e responsable as súas competencias de saneamento e abastecemento e proporcionar servizos de calidade aos cidadáns. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando