Rivo recoñece a ampla traxectoria da Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos de Ourense na súa cea de confraternidade

Rivo recoñece a ampla traxectoria da Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos de Ourense na súa cea de confraternidade

26/11/2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe na Cea de Confraternidade da Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos de Ourense (Atave), na que recoñeceu a ampla traxectoria desta entidade (case 50 anos) cando en 1977 se constituíu como a primeira agrupación empresarial que naceu na provincia ourensá. Rivo puxo en valor a colaboración estreita que a Xunta mantén con este sector e apelou a seguir buscando solucións conxuntas para facer fronte á falta de man de obra á que se está a enfrontar este sector. Neste senso, sinalou que o Goberno galego avoga pola formación continua e pola reciclaxe dos profesionais. Tamén indicou que é clave aproveitar as oportunidades que brinda a nova era tecnolóxica e rematou afirmando que o emprego que xeran os talleres de reparación de vehículos é clave para a economía ourensá. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando