O delegado territorial percorre a parroquia de Paraños, en Covelo, xunto aos usuarios da Comunidade de augas
03/01/2024Os veciños da parroquia mostraron ao delegado as infraestruturas que permiten que a auga chegue aos fogares asociados Reguera felicitou á Comunidade por todo o logrado e destacou o papel imprescindible da xunta directiva O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou aos usuarios da Comunidade de Usuarios de Paraños, no concello de Covelo. Xunto ao alcalde e a unha boa representación dos veciños involucrados, o delegado visitou os puntos máis importantes da zona.A comunidade conta con máis de 140 usuarios que autoxestionan os seus recursos hídricos. Unha ducia deles acudiron ao encontro do delegado territorial para ensinarlle os progresos levados a cabo e as últimas obras efectuadas. Segundo explicaron, os veciños renovaron boa parte das tubaxes e instalaron dúas arquetas que melloran e aseguran o subministro de todos os fogares asociados. Ademais, a comunidade aproveitou unha obra municipal no centro da parroquia para enterrar as tubaxes, abaratando así os custos da reforma. Agustín Reguera felicitou aos veciños polo traballo realizado e lembrou a importancia de contar cunhas asociacións e comunidades de augas “comprometidas e que se esforcen en coñecer e aplicar a todas as axudas públicas”. O delegado rematou a visita sinalando o mérito de todos os veciños e veciñas que se involucran nos grupos directivos deste tipo de asociacións: “É un traballo voluntario que require dunha gran implicación e que se leva a cabo coa única motivación de facer un ben á súa veciñanza. Creo que é algo de admirar e agradecer”. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
