A Xunta e o Clúster da Saúde asinan un convenio de colaboración para impulsar o sector biotecnolóxico sanitario en Galicia
05/01/2024Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, e a presidenta do Clúster da Saúde de Galicia, Rocío Mosquera, asinaron o texto O acordo, que comporta un orzamento total de 228.000 euros e se estende ata 2025, contempla a realización de diversas actuacións para potenciar a innovación e a transferencia de coñecemento entre empresas do sector da saúde e demais entidades vinculadas O obxectivo é ampliar os servizos que o Clúster da Saúde presta ao conxunto do ecosistema biotech en Galicia en materia de innovación, para mellorar o posicionamento internacional da Comunidade como biorrexión Unha das metas é acadar a acreditación do clúster como Agrupación Empresarial Innovadora estatal recoñecida polo Ministerio de Industria e Turismo Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2024A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, en representación da Axencia Galega de Innovación (Gain) e a presidenta do Clúster da Saúde de Galicia, Rocío Mosquera, asinaron un convenio de colaboración polo cal ambas as dúas entidades se comprometen a traballar conxuntamente para impulsar en Galicia a cadea de valor do sector biotecnolóxico sanitario.O acordo, que comporta un orzamento total de 228.000 euros e se estende ata 2025, contempla a realización de diversas actuacións para potenciar a innovación e a transferencia de coñecemento entre empresas do sector da saúde e demais entidades vinculadas, como universidades, centros tecnolóxicos, startups, etc.O obxectivo é ampliar os servizos que o Clúster da Saúde presta ao conxunto do ecosistema biotech en Galicia en materia de innovación, para mellorar o posicionamento internacional da Comunidade como biorrexión. Neste sentido, unha das metas é acadar a acreditación do clúster como Agrupación Empresarial Innovadora estatal recoñecida polo Ministerio de Industria e Turismo.O texto prevé, entre outros, a prestación de servizos innovadores para financiar actuacións de demostración, especialmente entre pemes e investigadores, e a validación de produtos nos living labs de Galicia. En definitiva, reforzar o papel do Clúster da Saúde de Galicia na dinamización e seguimento do subsector biotecnolóxico aplicado á saúde, para o cal o convenio contempla a realización de diversas campañas de comunicación e difusión das capacidades do ecosistema, así como das oportunidades de transferencia e colaboración entre os seus axentes.Este acordo enmárcase nos obxectivos da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021–2025 e nos retos da RIS3 relativos ao desenvolvemento dun modelo de vida saudable e de envellecemento activo, aproveitando a tecnoloxía e a I+D+i e incluíndo a medicina de prevención, rexenerativa e de precisión e a economía dos coidados. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
