A Xunta advirte ao Ministerio sobre a parálise da FP ante os retrasos na posta en marcha da nova normativa estatal que regula estas ensinanzas
17/01/2024A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, lembra nunha reunión en Madrid, as alegacións presentadas por Galicia ao texto ministerial Ante este contexto de incerteza a nivel estatal, o Goberno galego vén de iniciar os trámites para a elaboración do futuro decreto que regulará a FP na nosa comunidade A Xunta de Galicia vén de advertir ao Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes da parálise que se pode producir nas ensinanzas de FP ante os retrasos do Goberno do Estado na entrada en vigor da nova lei e o real decreto as regula, tal e como expuxo hoxe a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, no marco dun encontro de traballo mantido en Madrid. Co fin de atallar este contexto de incertidume e ofrecer certezas ao sistema educativo galego, a Administración autonómica inicia xa os trámites do futuro decreto que rexerá a partir do vindeiro curso 2024–25. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades lamentou que o Ministerio “estea a incumprir todos os tempos que nos deu”, o que na práctica xera “preocupación e caos” tanto na Administración Autonómica como nos centros que imparten Formación Profesional á hora da organización destas ensinanzas “dunha forma precipitada” para o vindeiro curso 2024–25. Proba dilo é que, a modo de exemplo, seguindo o calendario de aplicación da nova Lei de FP, o pasado 1 de setembro de 2023 debería disporse xa do catálogo modular profesional, do catálogo de ofertas, estar operativo o rexistro estatal de FP e de competencias profesionais, entre outros. Eugenia Pérez cuestionou que, pese ao ofrecemento de colaboración institucional desde o primeiro momento e ás achegas formuladas por Galicia “desde a experiencia dos nosos bos resultados”, o Ministerio “siga adiante con propostas sen consensuar e con grandes contradicións a nivel técnico e aspectos moi complicados de levar a cabo na práctica”. De feito, a Xunta elevou a Madrid un conxunto de alegacións a máis de 20 preceptos do articulado do real decreto. Se ben é certo que a normativa estatal introduce cuestións nas que Galicia xa é pioneira desde hai anos na FP como as ensinanzas plurilingües, as dobres titulacións, a modalidade dual en colaboración coas empresas, as accións formativas para desempregados ou a oferta modular entre outros, iso non exclúe que a Administración Autonómica deba desenvolver un marco propio claro, obxectivo e realista en liña coas directrices estatais. Así pois, ante as demoras continuas por parte do Ministerio e a falta de concrecións sobre moitos aspectos técnicos da normativa estatal, a Consellería de Educación vén de iniciar os trámites para a elaboración do futuro decreto que regulará a ordenación e a organización da Formación Profesional en Galicia, a través da cal se dará solución ao caos organizativo que propón o real decreto estatal. Nesta liña, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de abrir o procedemento deste novo decreto coa súa posta a exposición pública ata o vindeiro 30 de xaneiro para que os interesados realicen as achegas que consideren oportunas. O obxectivo deste procedemento é que o sistema educativo galego conte cun marco estable que permita a Galicia seguir mellorando o modelo de éxito da FP galega, ofrecendo certezas, medios e servizos de calidade ao alumnado, ao profesorado e aos centros educativos. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
