Rueda destaca o talento dos deportistas galegos e os beneficios que o deporte ten para a saúde
30/01/2024O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o talento dos deportistas galegos, que se constata coas 109 distincións ao mérito deportivo que o Goberno autonómico entregou hoxe nunha gala en Ferrol, e que serven de exemplo para que siga aumentando a súa práctica, cos conseguintes beneficios que o deporte ten para a saúde e a educación.Rueda agradeceu o labor das persoas e entidades recoñecidas por promover a práctica deportiva e os seus valores así como por contribuír a facer de Galicia un referente internacional no eido deportivo. Nesta liña, salienta o momento que atravesa o deporte galego con máis federados que nunca –case 310.000 licenzas–, con máis deporte base que nunca –récord de participantes no programa de actividades lúdico deportivas Xogade para rapaces de 6 a 16 anos– e o maior número de deportistas de alto nivel da historia.O presidente resaltou que “non hai nada mellor que empregar o tempo para dedicarse a facer deporte”, e destacou que “non son casualidade os éxitos olímpicos” dos deportistas “que nos fan sentirnos orgullosos e que serven de exemplo para tantísima xente nova”, concluíu. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
