A Xunta salienta a diversificada oferta de FP do instituto Castro da Uz, nas Pontes, que este curso reforzará accións formativas para desempregados

A Xunta salienta a diversificada oferta de FP do instituto Castro da Uz, nas Pontes, que este curso reforzará accións formativas para desempregados

09/02/2024

A directora xeral de FP visita o centro con motivo da cesión dun aeroxerador por parte da empresa Invenergy Service Huso ao servizo do ciclo dual de Mecatrónica industrial Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA As Pontes (A Coruña), 9 de febreiro de 2024 A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe o Instituto IES Plurilingüe Castro da Uz, onde salientou a diversificada oferta de Formación Profesional deste centro nas familias de Administración e finanzas, Fabricación Mecánica, Informática e comunicacións, Instalación e mantemento e por último Transporte e mantemento de vehículos, que dá cobertura ás demandas tanto do alumnado como das empresas da contorna. Ademais, tal e como avanzou a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, este ano o centro vai ofertar dous cursos de accións formativas para desempregados, Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG e Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos, contribuíndo, deste xeito, á inserción laboral e actualización dos traballadores da zona. Neste senso, quixo subliñar o importante compromiso do equipo directivo e do profesorado do centro polo reforzo da súa oferta.Eugenia Pérez visitou o instituto con motivo da cesión dun aeroxerador por parte da empresa Invenergy Service Huso no marco da colaboración para o desenvolvemento do ciclo superior de Mecatrónica industrial en modalidade dual. Este equipamento permitirá a que o alumando teña unha formación máis especializada e axustada as necesidades do sector produtivo.Precisamente no ámbito dual, este curso iniciou novos proxectos como o mencionado ciclo superior de Mecatrónica industrial, un ciclo de grao medio de Soldadura e caldeiraría e continúa co ciclo superior de Desenvolvemento de aplicacións web. Todo isto é posible “grazas a implicación activa dunha vintena de empresas da contorna á que temos que agradecer o seu interese”, subliñou a directora xeral de FP. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando