A Xunta asina con Alborada e Asvidal convenios para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias adictivas

A Xunta asina con Alborada e Asvidal convenios para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias adictivas

28/02/2024

A Xunta aprobou recentemente convenios de colaboración entre o Sergas e nove entidades sen ánimo de lucro para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos, até acadar os 7.764.100 ?Vigo, 28 de febreiro de 2024O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou onte dous convenios de colaboración entre o Sergas e as entidades sen ánimo de lucro Asociación cidadá de loita contra a droga (Alborada) e a Asociación viguesa de alcoholoxía (Asvidal), para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos. Por parte de Alborada, asinou o convenio o seu presidente, José Ignacio Jiménez Pereira. Por parte de Asvidal, o convenio foi asinado polo seu presidente, Manuel Pino Raso. No acto estiveron presentes, así mesmo, a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e a subdirectora xeral de Atención Primaria do Sergas, Sinda Blanco.Cómpre remarcar que a Xunta aprobou recentemente convenios de colaboración entre o Sergas e nove entidades sen ánimo de lucro para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos, até acadar os 7.764.100 euros. Deste xeito, o Executivo galego incrementará este ano en máis de medio millón de euros o investimento dos convenios que o departamento sanitario galego mantén para o desenvolvemento de programas de asistencia sanitaria especializada desde un enfoque biopsicosocial.En concreto, a Xunta destinará ao convenio con Alborada, unha partida de 1.807.016 euros, e a Asvidal 251.415 euros. Ao longo do ano 2023, foron asistidas ao abeiro do convenio entre o Sergas e Alborada un total de 1.036 persoas beneficiarias, dos que 804 son homes e 232 mulleres. Polo que atinxe ao convenio do Sergas con Asvidal, ao longo do pasado ano foron asistidas un total de 579 persoas, 397 homes e 182 mulleres. Na actualidade, as adiccións son consideradas unha enfermidade que require dun tratamento multidisciplinar e personalizado. Así, ante calquera problema relacionado coas mesmas, aconséllase acudir a un centro de tratamento específico directamente, ou ben, solicitar axuda aos profesionais de atención primaria, para que poidan avaliar cada un dos casos, e derivaralos aos centros que procedan. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando