A Xunta entrega as Bandeiras Azuis obtidas polas praias e outros recursos de Ribadeo e Burela
29/06/2023O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, celebrou os 10 distintivos destes municipios e instou “a seguir traballando entre todos no coidado do medio ambiente e por un turismo sostible”A Xunta de Galicia fixo entrega hoxe das Bandeiras Azuis que acreditan a calidade das praias, sendeiros e outros recursos medioambientais e turísticos de Ribadeo e Burela. O acto tivo lugar na praia das Catedrais de Ribadeo, coa participación do delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o alcalde deste concello, Daniel Vega, e a alcaldesa de Burela, Carmela López. O delegado territorial celebrou as 10 Bandeiras Azuis que suman os dous municipios e instou a que as Administracións “sigamos colaborando e traballando no coidado do medio ambiente e nunha oferta turística sostible, accesible e de calidade”.No concello de Burela contan con este distintivo as praias da Marosa, O Portelo e Ril, así como a Ruta do Litoral, e son considerados Centros Azuis o Barco Museo Reina del Carmen e o Centro de educación medioambiental Gaia. Pola súa banda, Ribadeo lucirá a bandeira nas praias das Catedrais e Os Castros–Illas, na Ruta do faro de Illa Pancha ás Aceas e no Porto Deportivo.Arias destacou que Galicia sigue sendo a comunidade española con máis sendeiros azuis, e consolida a súa posición entre as tres que reciben cada ano un maior número de distintivos para as súas praias, só superada por Valencia e Andalucía.A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede este recoñecemento de carácter internacional en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Os actos centrais de entrega dos distintivos para os sendeiros e as praias galardoados en Galicia xa se celebraron, e estes días estase completando a entrega a aqueles municipios que non puideron recoller algún deles.Adeac tamén recoñece o labor dos chamados Centros Azuis, aínda que non lucen bandeira como tal, en atención á súa vertente de educación medioambiental. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Tabla normal»; mso–style–parent:»»; font–size:10.0pt;»Times New Roman»,serif;} Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
