A Xunta habilita servizos de autobús especiais para as festas da Gándara, en Narón, e do Cochiño, en Cerceda
22/07/2023Para as festas da Gándara activaranse servizos entre a praza de España de Ferrol e Xuvia, en Narón, do 25 ao 28 de xullo Para as festas do Cochiño, no Parque Acuático de Cerceda, activaranse servizos con saída de Entrexardís, na Coruña, o día 29, e volta na madrugada do 30 O obxectivo da Xunta é facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, reducindo así os riscos da condución nocturna tras as xornadas de ocio Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade activará servizos de autobús especiais entre os días 24 ao 30 de xullo para as festas da Gándara, en Narón, e as festas do Cochiño, no Parque Acuático de Cerceda, fomentando así o transporte público e reducindo posibles accidentes nas viaxes de regreso. Concretamente, para as festas da Gándara, en Narón, activaranse servizos entre a praza de España de Ferrol e Xuvia, en Narón do 25 ao 28 de xullo, ambos os dous incluídos. Os servizos de ida sairán de Ferrol ás 00,00 horas, 01,00 e 02,00 horas da madrugada e os de volta sairán desde Xuvia cara a Ferrol ás 00,30 horas, 01,30 e 02,30 horas, respectivamente.Adicionalmente, o día 28 de xullo habilitaranse tamén servizos con saída desde a praza de España de Ferrol ata Xuvia ás 03,00 e 04,00 horas e, en sentido contrario, desde Xuvia ata a praza de España, ás 03,30 e 04,30 horas.Por outra banda, o 29 de xullo activaranse servizos con motivo das festas do Cochiño no Parque Acuático de Cerceda. Así, poranse en marcha expedicións con saída de Entrexardíns (A Coruña) ás 19,00 e ás 21,00 horas. Para o regreso, os usuarios contarán con autobuses que sairán na madrugada do día 30 ás 02,15 e ás 03,30 horas, respectivamente.Os servizos de volta cara á Coruña non recollen parada en Cerceda, mais os veciños deste municipio contarán con servizos específicos de regreso o día 30 ás 02,00 e 03,15 horas da madrugada que partirán desde o Aquapark.Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.A información relativa aos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na páxina web www.bus.gal. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
