O Sonrías Baixas celebra o seu 20º aniversario co apoio da Xunta para un cartel cunha vintena de concertos

O Sonrías Baixas celebra o seu 20º aniversario co apoio da Xunta para un cartel cunha vintena de concertos

01/08/2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación do encontro, que se desenvolve do xoves 3 a sábado 5 en Bueu con Natos y Waor, La Pegatina e Macaco como cabezas de cartel Ortiga e Pili Pampín, Grande Amore, Lamontagne & PicoAmperio ou Lamatumbá son parte da representación galega nesta programación O evento conta coa implicación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través das axudas á organización de festivais e do patrocinio dun dos escenarios baixo marca FEST Galicia Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Tabla normal»; mso–style–parent:»»; font–size:10.0pt;»Calibri»,sans–serif; mso–bidi–»Courier New»;} Bueu (Pontevedra), 1 de agosto de 2023 O festival SonRías Baixas reunirá do xoves 3 ao sábado 5 en Bueu máis dunha vintena de artistas e bandas para celebrar o seu 20º aniversario co apoio da Xunta de Galicia. Natos y Waor, La Pegatina e Macaco encabezan un cartel que inclúe tamén destacadas voces da nosa música como Lamatumbá, Ortiga e Pili Pampín, Grande Amore ou Lamontagne & PicoAmperio. Un ano máis, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribúe á organización deste evento a través das subvencións a festivais musicais e de artes escénicas, axudas ás que en 2023 destina 575.000 euros para apoiar 26 encontros estratéxicos nos seus respectivos campos. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou esta mañá na presentación desta vixésima edición do SonRías Baixas xunto aos directores do festival, Berta Domínguez e Jordi Lauren, e aos representantes municipais, provinciais e do resto de entidades colaboradoras. O representante da Xunta de Galicia iniciou a súa intervención felicitando a organización por 20 anos de “brillante traxectoria”. Aplaudiu, ademais, o cartel deste ano, que demostra a “indiscutible consolidación” do SonRías Baixas como unha das grandes citas do circuíto de festivais galegos.Nesta liña, destacou “tanto a variedade como a calidade” da edición deste encontro que volve integrarse, así mesmo, baixo a marca FEST Galicia. Con esta iniciativa, o Goberno galego difunde a nosa Comunidade como lugar de referencia no ámbito musical a través de eventos de calidade nas vertentes da oferta artística, así como da profesionalidade na xestión e mais da sustentabilidade. Así, o compromiso da Xunta coa 20ª edición do SonRías Baixas complétase co patrocinio, baixo a citada marca FEST Galicia, dun dos dous escenarios que acollerán as actuacións do evento, que neste verán se suma á axenda cultural global de máis de 2500 actividades que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades está a impulsar baixo o lema A cultura de Galicia é un CulturON. O espazo FEST Galicia albergará os concertos de 12 formacións. Este xoves 3 de agosto recibirá a partir das 20,30 h a 30s40s50s, Boikot e Lendakaris Muertos, mentres que o venres os protagonistas serán Queralt Lahoz, Natos y Waor, Tremenda Jauría e Muyayo Rif. O sábado, neste mesmo escenario actuarán Arde Bogotá, La Pegatina, Macaco, Dubioza Kolecktiv e o Ninhodelosrecaos DJ, quen se encargará coa súa sesión de lle pór o colofón a este vinte aniversario. O cartel complétase coas bandas Samuraï, Santa Salut, ETS, La Ganga Calé, Lia Kali e voces destacadas da nosa música como Lamontagne & PicoAmperio ou Grande Amore, Ortiga & Pili Pampín ou Lamatumbá. A este apartado, cómpre sumarlle o trío Cool Nenas, que conta coas galegas Mariagrep e Dani entre as súas integrantes. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando