O conselleiro de Sanidade asiste á 29 Festa da solidariedade do Proxecto Home en Vigo remarcando a aposta da Xunta pola normalización na atención ao paciente con trastornos adictivos

O conselleiro de Sanidade asiste á 29 Festa da solidariedade do Proxecto Home en Vigo remarcando a aposta da Xunta pola normalización na atención ao paciente con trastornos adictivos

09/09/2023

Julio García Comesaña remarcou que o financiamento que a Xunta vai dedicar este ano á atención das adiccións desde equipos multidisciplinares é de preto de 12 millóns de euros, cantidade que supón un incremento do 5 % con respecto ao orzamento de 2022 O titular da carteira sanitaria agradeceu á Fundación Monte do Gozo–Proxecto Home o seu compromiso na atención ás persoas con trastornos adictivos O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu hoxe á 29 edición da Festa da Solidariedade do Centro do Proxecto Home en Vigo. No presente ano, esta institución está a celebrar o 30 aniversario da apertura do centro de Proxecto Home Galicia en Vigo, realizando unha serie de eventos como conferencias científicas, exposicións e un concerto benéfico. Cómpre remarcar que, na actualidade, as adiccións son consideradas como unha enfermidade que require un tratamento multidisciplinar e personalizado. Así, ante calquera problema relacionado coas mesmas, aconséllase acudir a un centro de tratamento específico directamente ou ben solicitar axuda aos profesionais de atención primaria, que avaliarán cada caso e derivarán ao centro que proceda.Dende a Consellería de Sanidade, –dixo o conselleiro–, apostamos firmemente pola normalización na atención ao paciente con trastornos adictivos, e como mostra dese compromiso sinalou a renovación da colaboración da Xunta con Proxecto Home Galicia, por máis dun millón de euros.O conselleiro subliñou, así mesmo, que o financiamento que a Xunta vai dedicar este ano á atención das adiccións desde equipos multidisciplinares é de preto de 12 millóns de euros, a través dos convenios asinados coas asociacións para a realización dos programas de asistencia destes pacientes e o traballo levado a cabo nas unidades asistenciais de drogodependencias. Esta cantidade supón un incremento do 5 % con respecto ao orzamento de 2022. Tamén puxo en valor Comesaña outras iniciativas do Goberno galego neste campo, como a actualización do catálogo de programas de prevención; o plan de formación a profesionais sanitarios e equipos de prevención; o anteproxecto de lei de prevención das adiccións en persoas menores de idade; ou o compromiso de 241 contratacións a través do Plan de saúde mental, do que xa se contrataron a 125 profesionais.Para rematar a súa intervención, o conselleiro agradeceu á Fundación Monte do Gozo–Proxecto Home o seu compromiso na atención ás persoas con trastornos adictivos. Tamén tivo palabras de agradecemento para usuarios, familiares e voluntarios, pola súa forza e perseveranza, así como para as institucións públicas ou privadas que prestaron o seu apoio ao longo destes anos. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando