A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Barosa e Maquieira ao seu paso polos concellos de Barro e de Portas

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Barosa e Maquieira ao seu paso polos concellos de Barro e de Portas

08/10/2023

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de máis de 3,7 km Os traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza en dous treitos interurbanos do río Barosa e no río Maquieira, ao seu paso polos concellos de Barro e de Portas.Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial significativo de inundacións. Os treitos nos que se están levando a cabo estas tarefas suman unha lonxitude de máis de 3,7 km. As intervencións céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia–Costa, no ámbito territorial da zona Galicia–sur e nas súas zonas de acceso e protección.A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando