Galicia ofrece a Asturias prestar atención sanitaria á veciñanza do municipio de Ibias
21/10/2023O conselleiro de Sanidade mantivo en Lugo unha reunión coa alcaldesa de Ibias A Xunta remitiulle o mes pasado ao Goberno do Principado de Asturias unha proposta de convenio de colaboración para prestar asistencia a unha parroquia limítrofe con Galicia O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse esta semana no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo coa alcaldesa do concello asturiano de Ibias, Gemma Álvarez Cereigido, para trasladarlle o ofrecemento da Xunta de prestar asistencia sanitaria á poboación dos Coutos, unha das parroquias deste municipio limítrofe con Galicia. Á reunión tamén asistiu o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares Rico.Coa finalidade de mellorar a atención sanitaria da cidadanía independentemente do lugar en que viva, a Xunta remitiulle en setembro ao Goberno do Principado de Asturias un borrador de convenio de colaboración para a asistencia en zonas limítrofes. O goberno galego está agardando pola conformidade do asturiano para poder iniciar a tramitación deste convenio, que require dun trámite por parte de ambas administracións e, finalmente, ser remitido ao Senado para autorización.En canto sexa asinado, e por catro anos prorrogables, a veciñanza da parroquia dos Coutos do municipio de Ibias terás asignados en Galicia os seus servizos de atención primaria, atención hospitalaria e transporte sanitario. En concreto, os arredor de 50 habitantes desta parroquia asturiana pasarán a acudir ao centro de saúde de Navia de Suarna, a 26 minutos en coche, en lugar de ao seu centro de referencia en San Antolín de Ibias, a 45 minutos. No caso do centro hospitalario, o tempo de viaxe será dunha hora ao HULA en lugar de 1 hora e 45 minutos ata o Hospital de Cangas de Narcea. Así, as persoas susceptibles de acollerse a este convenio tramitarán a obtención de tarxeta de asistencia a desprazados no centro sanitario da comunidade de destino, coas prórrogas que se precisen sine die, polo que manterán a tarxeta sanitaria da súa comunidade de orixe. Aínda que o convenio pode modificar no futuro o seu ámbito territorial, inicialmente beneficiará a citada parroquia dos Coutos, cos lugares de Folgueiras, Lagúa, La Muria, Parada, Santa Comba, Valdeferreiros, Vilarello, Villaselande e Viñal. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
