Galicia pon en valor o seu Observatorio costeiro na décima Conferencia Internacional de Eurogoos, o Sistema europeo de Observación Global dos Océanos
06/11/2023O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño participou no encontro celebrado en Galway, Irlanda, e realizou unha presentación feita xunto coa Fundación Cetmar e Meteogalicia sobre os usos e gran potencial da ferramenta galega O Observatorio, que acaba de cumprir quince anos, móstrase como un instrumento fundamental para comprender a evolución do medio mariño e será reforzado e modernizado con novos investimentos o próximo exercicio O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) participou recentemente na Décima Conferencia Internacional do Sistema Europeo de Observación Global dos Océanos (EuroGOOS) que se celebrou en Galway, Irlanda. Neste foro o equipo de Intecmar, xunto co Centro Tecnolóxico de Galicia–Fundación Cetmar e MeteoGalicia, contribuíu cun traballo onde se da conta dos usos e potencialidade do Observatorio Costeiro de Galicia. Unha ferramenta que ven de cumprir 15 anos e que se verá reforzada con novos investimentos en 2024.Garbiñe Ayensa e Pedro Montero, xefes da Unidade de Documentación e Apoio Científico da Unidade de Modelado Oceanográfico de Intecmar foron os encargados de representar ao Instituto no gran foro de EuroGOOS. A súa presentación oral ante o conxunto de expertos correu baixo o título ‘Falando cos potenciais usuarios finais do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia como punto de partida da súa estratexia: percepcións e necesidades’.Os técnicos do Intecmar realizaron unha presentación desta ferramenta para describir despois os niveis que este valioso instrumento posúe para facer chegar os datos e servizos do Observatorio aos usuarios finais e, ao mesmo tempo, recoller as súas necesidades e inquietudes. Este traballo, que pretende contribuír a súa mellora continua, está encadrado no Plan de Ciencias Mariñas de Galicia. O Observatorio Costeiro de Galicia apoiase no convenio de colaboración entre as Consellerías do Mar e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e constitúe unha peza fundamental para subministrar datos e predicións de calidade que nutran a investigación e a xestión do medio mariño, e tamén proporciona información necesaria para a xestión das emerxencias. Facilita ademais o desenvolvemento sostible dos sectores produtivos e xera produtos de valor engadido que se traducen en servizos para a poboación.A rede do Observatorio conta con 4 antenas Radar HF (Prior, Vilán, Fisterra e Silleiro) que ofrecen datos cada trinta minutos en tempo real de mapas da corrente superficial ata cen millas cubrindo o dispositivo de separación de tráfico do corredor de Fisterra, polo que navegan anualmente arredor de 40.000 buques. A eles súmanse 43 estaciones oceanográficas (39 nas Rías Baixas e 4 no Golfo Ártabro) responsabilidade de Intecmar e complétase coas 160 estacións meteorolóxicas de Meteogalicia, a cuarta parte na costa.O Sistema Europeo de Observación Global dos Océanos (EuroGOOS) promove, desde 1994, o desenvolvemento da oceanografía operacional en Europa como compoñente do Sistema Global de Observación dos Océanos da Comisión Oceanográfica Intergubernamental da Unesco (COI GOOS).Cada tres anos, a conferencia EuroGOOS constitúe un foro para científicos e tecnólogos mariños que desenvolven produtos oceanográficos operacionais, e para os usuarios destes servizos, incluídos os responsables da adopción de decisións e a formulación de políticas públicas, así como para o sector privado. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
