Comesaña pon en valor a dieta atlántica na clausura do salón Xantar de Ourense
06/11/2023O conselleiro de Sanidade avanzou que se superaron as 150.000 consultas dos 94 novos nutricionistas de atención primaria O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, clausurou hoxe en Ourense a 24ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar destacando os efectos positivos sobre a saúde da dieta atlántica.Durante a súa intervención, Comesaña enumerou os beneficios desta dieta tradicional galega que conta cun consumo elevado de froitas e hortalizas (que achegan antioxidantes), de cereais, patacas e legumes (que son a mellor maneira de aportar hidratos de carbono complexos e fibra alimentaria), o consumo diario de leite e derivados lácteos (excelentes fontes de proteínas de alto valor biolóxico, minerais e vitaminas), o consumo tres ou catro veces á semana de peixes e mariscos ou a moderación no consumo de carnes. “Neste salón gastronómico ponse en valor o produto, e tamén é moi importante desde o punto de vista da saúde, a forma de preparación dos alimentos, que na dieta atlántica se caracteriza pola sinxeleza que mantén a calidade das materias primas e, por tanto, o valor nutritivo”, valorou o conselleiro de Sanidade. Neste sentido, desde o Sergas foron atendidas, ata o mes de outubro, 151.920 consultas polos 94 novos nutricionistas incorporados á atención primaria. O responsable da sanidade pública galega, no peche do acto ao que tamén asistiu o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, José Luis Cabarcos Corral, fixo referencia á influencia da contorna na saúde das persoas e por iso remarcou o compromiso da Xunta co rural galego. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
