A Xunta convoca por vez primeira unha liña de axudas específicas para a escrita de guións audiovisuais

A Xunta convoca por vez primeira unha liña de axudas específicas para a escrita de guións audiovisuais

30/12/2023

O DOG publica as bases destas novas axudas, dotadas con 270.000? para o financiamento de ata 30 proxectos orixinais ou de adaptacións literarias O obxectivo é o fomento audiovisual desde a primeira fase do proceso creativo e darlle pulo ao traballo de guionistas tanto noveis como máis experimentados Pódense presentar solicitudes ata o 29 de xaneiro de 2024 Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2023 A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galiciaa primeira convocatoria específica de axudas dirixidas á escrita de guións de ficción e animación orixinais ou a partir de obras literarias xa existentes, que teñan como destino a produción de longametraxes cinematográficas ou series para televisión. Esta nova liña de apoio ao sector está dotada con 270.000? a distribuir entre un máximo de 30 proxectos en dúas modalidades segundo os perfís das persoas que os asinen.A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades reserva nas bases que rexerán o procedemento 70.000 euros para proxectos de autoría novel (modalidade A) e 200.000 euros para autorías non noveis (modalidade B). Na primeira categoría poderán presentarse guións de longametraxes de ficción ou animación propostos por persoas físicas que, entre outros requisitos, poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual. Non poden figurar como directores/as ou guionistas de series nin asinar a autoría de máis de dúas longametraxes cualificadas na base de datos do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA).Á segunda poderán optar persoas físicas (autónomas) de alta no epígrafe do IAE 864 no momento de presentar a solicitude e que acrediten ter participado como guionistas, cando menos, nunha longametraxe de ficción ou animación ou dunha serie de televisión. Nos dous casos, as persoas solicitantes han de desenvolver a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia e teñen de prazo de presentación ata o 29 de xaneiro de 2024 a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.As contías máximas por modalidade son de 7000 euros para os proxectos escritos por noveis e 10.000 euros para os proxectos de perfís máis experimentados, polo que a previsión é apoiar a escrita de 10 e 20 guións en cadansúa categoría, respectivamente.O obxectivo desta nova liña de axudas é contribuír ao avance do audiovisual galego a partir dun investimento na base do sector, que está, en gran medida, na fase inicial de guión. Búscase así dar pulo a escritores novos e consolidar o apoio aos que xa teñen experiencia na escrita. Así, serán obxecto de axuda as escritas para longametraxes cinematográficas de ficción ou animación e series de ficción para televisión, de autoría galega, que permitan seguir impulsando un marco de actuación cultural do sector audiovisual baseado no apoio á creación de contidos de calidade con vocación internacional e a busca da excelencia nos produtos audiovisuais galegos.A través destas axudas, convocadas en réxime de concorrencia competitiva e que se xestionarán a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, búscase promover a escrita de guións orixinais ou adaptacións literarias, en calquera dos dous idiomas oficiais de Galicia. Deste xeito, o Goberno galego quere que o sector audiovisual siga coa senda de éxitos e recoñecementos que vén amosando nos últimos anos. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando