Vixiantes e persoal ao servizo da Xunta retiran das praias do Parque natural de Corrubedo sacos e pellets plásticos vertidos polo mercante Toconao
07/01/2024Belén do Campo explica que polo momento non hai constancia de danos na biodiversidade da zona e asegura que o persoal do seu departamento seguirá vixiante Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Ribeira (A Coruña), 7 de xaneiro de 2024Un operativo integrado por axentes medioambientais, vixiantes e persoal especializado ao servizo da Xunta percorre as praias do Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán para detectar e proceder á retirada dos pellets plásticos que nas últimas xornadas están chegando á costa galega, tanto en sacos como de forma dispersa.A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, achegouse esta mañá ata o Centro de recepción de visitantes para supervisar o dispositivo e desprazarse desde alí ata a algún dos areais afectados. Polo de agora, do Campo indicou que se retiraron sacos e pellets das praias de Ladeira, A Lagoa e O Vilar e continuarase peiteando os areais do parque na busca de posibles novos restos.Ademais, explicou que ata o momento non hai constancia de que o material vertido causara danos sobre a biodiversidade da zona e asegurou que o persoal do seu departamento seguirá vixiante para poder anticiparse e intervir ante calquera posible incidencia na fauna e flora do parque natural.O material que está chegando aos areais galegos procede do buque mercante Tocanao, que perdeu 6 contedores ?un deles cargado con sacos de pellets plásticos que agora as correntes mariñas arrastran á costa? cando navegaba por augas portuguesas.Ante esta situación a Xunta activou o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) en nivel 1 e o servizo de Gardacostas mantén a vixilancia sobre todo o litoral, tanto por medios marítimos como terrestres, co obxectivo de detectar con axilidade a presenza destes materiais para que se poda proceder á súa recollida o antes posible. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
