A Xunta remata as obras do taller mecánico de defensa do monte en Botos, no concello de Lalín
13/01/2024As actuacións contaron cun investimento de case 1,3 millóns de euros para reformar o taller mecánico para vehículos e motobombas Construíuse tamén un almacén loxístico para dar resposta ás necesidades internas do equipo, que precisaba novos espazos de almacenaxe, arquivo e talleres que presten servizo ao operativo A obra enmárcase no Plan de Infraestruturas da Consellería, co fin de mellorar servizo público que a Administración presta no medio rural galegoA Consellería do Medio Rural vén de rematar as obras de acondicionamento das edificacións e parcelas da nave da Dirección Xeral de Defensa do Monte no polígono industrial de Botos, no concello pontevedrés de Lalín. As actuacións, que foron executadas cun orzamento total de case 1,3 millóns de euros, consistiron na implantación dun taller mecánico centralizado –para vehículos como todoterreos e motobombas– para parte do parque móbil desta dirección. A reforma incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico para dar resposta ás necesidades internas do equipo, que precisaba novos espazos de almacenamento, arquivo e talleres que presten servizo ao operativo de extinción de incendios que traballa na contorna. Así mesmo, nos terreos onde se localiza dita nave, reformouse outra edificación co fin de habilitala como punto de encontro para as brigadas do Distrito Forestal XVI Deza–Tabeirós. Tamén se configura como unha instalación para facer funcións de centro operativo de reunión e agarda de expedicións de bombeiros forestais e persoal nos desprazamentos de media distancia a incendios, así como base para os postos de mando avanzado.As actuacións levadas a cabo en ambas edificacións incluíron tarefas de conservación, mantemento e reparación de danos en cubertas, chemineas, canlóns baixantes ou sumidoiros. A maiores, dotouse a nave principal dunha nova zona administrativa con despachos, aseos, vestiarios e unha sala múltiple. Cabe sinalar que estas actuacións están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como finalidade mellorar o servizo público que a Administración presta no medio rural galego. Normal 0 false false false /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso–style–name:»Tabla normal»; mso–style–parent:»»; font–size:10.0pt;»Calibri»,sans–serif;} Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
