Preto de 1.800 persoas preséntanse ás oposicións do Servizo Galego de Saúde desta fin de semana

Preto de 1.800 persoas preséntanse ás oposicións do Servizo Galego de Saúde desta fin de semana

10/02/2024

A participación da categoría de fisioterapeuta foi do 85 %; de enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, do 83 %; de técnico superior en hixiene bucodental, do 82 %; e de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, do 64 % Habilitouse unha sala para unha opositora con discapacidade visual e, como é habitual, facilitouse acceso preferente a mulleres embarazadas e persoas con mobilidade reducida O vindeiro día 16 de marzo proseguirá a realización das probas selectivas para a cobertura de prazas en 37 categorías de persoal estatutario licenciado sanitarioSilleda (Pontevedra), 10 de febreiro de 2024Un total de 1.793 persoas presentáronse este sábado a unha nova xornada de oposicións do Servizo Galego de Saúde en catro categorías profesionais. En concreto, 948 persoas presentáronse á categoría de fisioterapeuta (o que representa un 85 % sobre o total de admitidas); 544 en enfermeira/o especialista en enfermaría familiar e comunitaria (un 83 %); 278 en técnica/o superior en hixiene bucodental (82 %) e 23 en técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información (64 %).Nesta xornada, o Sergas oferta un total de 134 prazas distribuídas en 61 prazas de enfermeira/o especialista en enfermaría familiar e comunitaria; 70 de fisioterapeuta; 1 de técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información; e 2 de técnica/o superior en hixiene bucodental.A entrada ao pavillón de realización de exames completouse en menos de media hora grazas á coordinación do persoal colaborador da Consellería de Sanidade, persoal de informática e de seguridade, ademais da colaboración do 061, Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local, Protección Civil e persoal da empresa concesionaria da autopista. Ademais, hoxe cóntase cun instrutor da ONCE que lle facilita a realización do exame a unha opositora con discapacidade visual. Para iso, habilitouse unha sala onde un programa le en voz alta os enunciados das preguntas do exame e as distintas opcións para que a aspirante, de palabra, indique a opción que considera correcta. En canto a adaptacións, foron solicitadas máis dunha ducia, ademais de 15 peticións de lactancia. Previamente, tanto embarazadas como persoas con mobilidade reducida teñen acceso preferente tanto ao aparcadoiro como á entrada do pavillón. Nesta ocasión, non houbo necesidade de realizar exames en centros hospitalarios para casos de mulleres con parto próximo ou recente. Unicamente unha aspirante que deu a luz hai menos dun mes solicitou unha cadeira máis cómoda.O vindeiro sábado día 16 de marzo o Servizo Galego de Saúde proseguirá coa realización das probas selectivas para a cobertura de prazas en 37 categorías de persoal estatutario licenciado sanitario.En concreto, durante a quenda de mañá, desenvolveranse os exames de facultativo/a especialista en: alergoloxía; anatomía patolóxica; anxioloxía e cirurxía vascular; cirurxía cardiovascular; cirurxía oral e maxilofacial; cirurxía pediátrica; cirurxía plástica, estética e reparadora; dermatoloxía médico–cirúrxica e venereoloxía; endocrinoloxía e nutrición; medicina física e rehabilitación; medicina intensiva; microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neuroloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, otorrinolaringoloxía; pneumoloxía; psiquiatría; uroloxía; xeriatría, médico/a admisión e documentación clínica, e médico/a asistencial do 061. Xa pola tarde, realizaranse as probas de anestesioloxía e reanimación; aparello dixestivo; cardioloxía; cirurxía torácica; cirurxía xeral e aparello dixestivo; hematoloxía e hemoterapia; medicina interna, medicina preventiva e saúde pública; neuroloxía, pediatría e as súas áreas específicas; psicoloxía clínica, radiodiagnóstico, reumatoloxía; e médico/a coordinador do 061.Ao longo deste mes de febreiro, o Sergas está a ofertar un total de 913 prazas distribuídas en 10 categorías. Así, ás 134 prazas de hoxe sábado, débense engadir as 779 ofertadas durante a pasada fin de semana, na que participaron máis de 13.500 opositores. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando