As agrupacións de defensa sanitaria gandeiras teñen ata o vindeiro día 15 de febreiro para solicitar as axudas da Xunta que apoian a súa actividade en materia de sanidade animal
11/02/2024A convocatoria destas achegas correspondente ao ano 2024 publicouse o pasado día 15 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG), cunha dotación económica de 2.280.000 euros As subvencións destinaranse aos programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025 Estas entidades desenvolven os programas de prevención e control de determinadas enfermidades animais, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo estado sanitario da cabana galega As agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia teñen de prazo ata o vindeiro xoves, día 15 de febreiro, para solicitar as axudas destinadas a financiar o traballo que realizan estas entidades no desenvolvemento dos programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, así como na súa participación na rede galega de epidemiovixilancia deste tipo de doenzas. A convocatoria destas achegas correspondente ao ano 2024 publicouse o pasado día 15 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG), cunha dotación económica de 2.280.000 euros.Esta orde subvencionará os programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025. Estes programas reforzan as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega. A finalidade última destas axudas é seguir mellorando o estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais. Asemade, no marco do mercado actual, resulta fundamental manter o devandito estado sanitario, desenvolvendo programas destinados ao control de determinadas doenzas, mellorando a rendibilidade e asegurando a comercialización de animais e dos produtos de orixe animal. Así, as ADSG tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. Mediante estas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas. A maiores, no contexto do mantemento do nivel da sanidade animal, resulta determinante consolidar esta estrutura asociativa das ADSG, vinculada aos propios gandeiros. Así, entre as enfermidades con programa sanitario nas agrupacións atópanse a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR), a diarrea vírica bovina (BVD) ou a paratuberculose no gando bovino, ovino e cabrún. Tamén están incluídas a enfermidade de Aujeszky, no gando porcino; a salmonelose, nas explotacións aviares; ou a mixomatose e a enfermidade vírica hemorráxica, nos coellos. Ademais, as ADSG poden executar as medidas adicionais en materia sanitaria que sexan necesarias nas explotacións a elas adheridas, segundo as condicións sanitarias da zona e as características particulares de cada agrupación, polo que poden colaborar na vixilancia de enfermidades como a lingua azul ou a enfermidade hemorráxica epizoótica ou na vacinación de lingua azul. As axudas están destinadas a financiar o persoal técnico veterinario das agrupacións, así como os custes do material funxible que utilizan nos programas sanitarios. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
