A Xunta reforza os lazos coa lusofonía na X edición do Festival Cultural converxencias Portugal-Galicia

A Xunta reforza os lazos coa lusofonía na X edición do Festival Cultural converxencias Portugal-Galicia

24/02/2024

O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Braga ao espectáculo teatral ‘Un músico na aldea’ e ao concerto de Amancio Prada e a Orquestra Filharmónica de Braga, Canto D’Aquí e Coro de Pais A iniciativa enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei Paz–Andrade e conmemora as figuras de Rosalía de Castro e o cantautor portugués Zeca Afonso O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste esta fin de semana en Braga a dúas das actividades programadas no marco da X edición do Festival Cultural Converxencias Portugal–Galicia, celebrado entre o 3 de febreiro e o 9 de marzo entre varias cidades das dúas beiras do Miño coa colaboración da Xunta de Galicia.Dunha banda, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades asiste hoxe á representación da obra teatral Un médico na aldea, interpretada pola Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e Tequexetéldere. Esta comedia dramática en lingua galega é un recoñecemento que o Concello da Estrada e a Fundación Cultural deste concello lle renden ao médico e político Manuel Reimóndez Portela, autor do libro en que se basea a peza teatral, co gallo do trixésimo aniversario do seu pasamento.O domingo, o titular de Política Lingüística asistirá ao concerto do cantautor berciano Amancio Prada, que actuará no Teatro Circo de Braga acompañado da Orquestra Filharmónica de Braga, o grupo portugués Canto D?Aquí e Coro do Pais, do Conservatorio Gulbenkian, tamén de Braga, no que será un tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro.O obxectivo deste festival, que programa cada ano unha serie de actividades culturais arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro e de pasamento do cantautor portugués Zeca Afonso, é estreitar os lazos lingüísticos e culturais que unen Galicia e Portugal no marco do desenvolvemento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, coñecida como Lei Valentín Paz–Andrade.Tamén arredor da figura de Rosalía de Castro, Valentín García asistiu este sábado no Panteón dos Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela, á homenaxe organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) co gallo do 187 aniversario do nacemento da autora de Follas Novas. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando