A Ribeira Sacra segue a dar pasos decisivos para ser Patrimonio da Humanidade

A Ribeira Sacra segue a dar pasos decisivos para ser Patrimonio da Humanidade

31/07/2024

En setembro deste ano presentarase o expediente do novo proxecto sobre a candidatura que está a preparar a Xunta de Galicia e que está reformulado en torno á auga
Este martes celebrouse unha nova xuntanza sobre a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. O encontro de traballo, que tivo lugar no Consorcio Local dos Peares, en Ourense, serviu para trazar as actuacións que se levarán a cabo para a consecución deste recoñecemento.Entre outras cuestións, na reunión avanzouse que en setembro deste ano haberá que presentar o expediente do novo proxecto sobre a candidatura que está a preparar a Xunta de Galicia e que está reformulado en torno á auga; en febreiro de 2025 haberá que entregar o informe ao Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO; prevén que en setembro ou outubro do vindeiro ano teña lugar a visita de inspección; e, a mediados do 2026 está previsto que se reúna o comité para tomar a decisión.»Implicación total» da DeputaciónA responsable de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, lembrou a «implicación total» da institución provincial na consecución desta distinción internacional. Nese sentido, sinalou que o organismo provincial fará un seguimento e apoiará as xestións que se leven a cabo para conseguila.A deputada lucense valorou que tralo acordo unánime do Consello de Patrimonio Histórico de nomeala como única candidata de España a Patrimonio Natural da UNESCO no ano 2026 toca facer unha boa labor didáctica por parte da Xunta de Galicia, porque «esta proposta está elaborada polo goberno galego» e destacou o «apoio da Deputación, porque o importante é que saia adiante e que non pase como hai uns anos», cando se recibiu unha resposta «negativa porque non se fixeron ben as cousas».Na xuntanza participaron tamén o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e representantes da Deputación de Ourense, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e doutras entidades da comarca.