A Coruña acolle a Bandeira Teresa Herrera, que pechará o calendario da Liga Galega de Traiñeiras
24/08/2024O Concello colabora coa LGT na organización da proba, na que participarán un total de 22 embarcacións entre as dúas xornadas de competición, sábado e domingo
A Liga Galega de Traiñeiras chega esta fin de semana á súa recta final, coa disputa da súa última proba na cidade da Coruña. Será na enseada da Orzán, coa celebración da Bandeira Teresa Herrera, tanto en categoría masculina como feminina.O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e o vicepresidente da Asociación Liga Noroeste, Federico Díaz, destacaron a importancia desta cita no calendario deportivo de traiñeiras, sendo como é unha das máis lonxevas desde que tivo lugar a súa primera edición, no ano 1986.Nesta ocasión, 22 embarcacións participarán hoxe nas roldas clasificatorias da oitava regata e quinta bandeira Teresa Herrera feminina e da trinta e oito regata e dezaseis bandeira Teresa Herrera masculina de traiñeiras. Será mañá domingo cando terá lugar a xornada final. As dez mellores embarcacións masculinas e as cinco mellores femininas, das clasificadas o sábado, sairán ao mar na procura da vitoria final.Na categoría masculina participarán a SD Samertolameu, CR Ares, SD Tirán-Pereira, CM Castropol, CR Chapela-Wofco, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo, CR Mecos, CR Puebla, Mugardos-A Cabana, CRN Riveira, CR Salgado-Perillo, CM Bueu-Simei, CR Cedeira e CR Urme. Na categoría feminina tomarán parte o CR Chapela-Wofco, Mugardos-A Cabana, CR Rianxo, Cesantes-Amegrove-Cefycal, CR Salgado-Perillo, CM Castropol e CR Cabo da Cruz.Os horarios previstos esta fin de semana serán os seguintes: o sábado, ás 17.30 horas, será a regata de clasificación feminina, e a partir das 18.00 horas disputarase a regata de clasificación da categoría masculina ata as 19.30 horas. Xa o domingo, a competición comezará coa ofrenda á xente do mar, ás 11.20 horas. Ás 11.30 horas comezará a regata feminina, mentres que ás 12.00 horas será a proba masculina. Ás 13.00 horas está previsto que sexa a entrega de premios e diferentes galardóns na Finca dos Mariño.Estas regatas serán retransmitidas na Televisión de Galicia, en directo por www.agalega.gal, e ás 18.00 horas, en diferido, na canle TVG2.
