A Xunta participa na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia con catas, charlas e coa presentación da ferramenta de xestión de explotacións Xeaga

A Xunta participa na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia con catas, charlas e coa presentación da ferramenta de xestión de explotacións Xeaga

04/06/2023

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia darán a coñecer unha ferramenta informática para a xestión avanzada de explotacións agrarias, relacionada co caderno dixital recollido na nova PAC A Axencia Galega da Calidade Alimentaria promocionará os produtos galegos a través de catas e degustacións no Salón de Alimentación do Atlántico ? Salimat, onde haberá encontros con compradores internacionais Normal 0 21 false false false Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2023 A Xunta terá unha presenza destacada na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará en Silleda entre o 8 e o 11 de xuño. A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentarán a nova ferramenta informática de xestión de explotacións agrarias Xeaga, relacionada co caderno dixital recollido na nova Política Agrícola Común (PAC). Trátase dun sistema incluído na Plataforma AGRO 4.0 –iniciativa financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Programa Operativo Feder Galicia 2014–2020)– que ofrece tamén outras ferramentas, caso do observatorio de parcelas, e que senta as bases para a súa aplicación noutros eidos como a gandaría, o vitícola ou o desenvolvemento rural. Precisamente, o día 9, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presentará xunto co director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, unha xornada na que haberá unha charla sobre a “Xeolocalización como oportunidade de automatización de rexistros”. Así mesmo, presentarase a plataforma dixital AGRO 4.0 e a funcionalidade práctica do novo sistema Xeaga, con exemplos do seu funcionamento. Ademais, durante toda a Semana Verde, no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), a Xunta promocionará os produtos galegos mediante as “Experiencias de calidade”, promovidas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nas que haberá catas de viño das diferentes denominacións de orixe, degustación de queixos con denominación de orixe protexida, produto da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, catas de Mel de Galicia e degustación de Tarta de Santiago con indicación xeográfica protexida, entre outros. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play. La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando